Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA CAIDA

UNHA CAIDA

 

  O afundimento de Pescanova é, ademais de un estandarte caído, a mostra do camiño seguido por outras moitas empresas españolas m al xestionadas. Fálase do facer ególatra e caprichoso do que foi presidente da compañía, que actuaba impulsado por caprichos persoais, deixado á marxe criterios de bo xestor, pero tamén hai que falar dos conselleiros, ben pagados pero que non pegaban vola, despreocupados da marcha da empresa; dos representantes do Comité de Empresa na dirección, moi ben pagados, que gardaron silencio e miraron pra outro lado, que foron cómplices da mala xestión.  Non se sabe onde foron a parar eses mais de tres mil millóns de euros, porque non todos foron pra  tapar malas xestións. Algúns irían a Suíza. Os responsables, ademais, despois  do espolio, conservan intacta a súa participación accionaría, as perdas iran a cargo do contribuínte. Hai que socializar as perdas; pero sobretodo hai que roubar ó ó grande, pra non ter responsabilidade penal, nin patrimonial. A isto que diría a Srª lagarta. O FMI  está pra defender o gran capital, los grandes estafadores, nunca ó traballador. Eles teñen  que baixarse  salario pra salvar a desfeita, o contribuínte poñerá o resto

0 comentarios