Non o dubido, houbera sido mellor outra ditadura, ó menos así gañaríamos en dignidade. Á morte de Franco vendéronnos unha transición que dicían modélica, en realidade tratouse de vendernos unha democracia, tutelada polas Institucións do vello réxime; así todo seguía igual, cunha aparencia de cambio, mediante un verniz que ocultaba toda a podredume. Tragáronse moitos sapos, pero nade sospeitaba que os sapos mais gordos verían das filas dos que debía de ser exemplo e guía. Costa asimila-lo contubernio de líderes socialistas e sindicais, comendo mansamente nas mans do capital, participando en consellos de administración de empresas voitres; iso si, cuns soldos astronómicos. Vemos, dese xeito, que a política está lonxe de un servizo público que beneficie ós semellantes; o beneficio é pra quenes participan na farsa. Expresidentes e ministros socialistas pasan, o cesar, a sentarse en consellos de administración, cunhas escandalosas retribucións, que non dubido as merecen polos servizos prestados e que han de prestar; sindicalistas que foron cómplices dende os consellos de administración de espolios como os das caixas, ou Pescanova. Nada cabía esperar dos herdeiros do réxime, a corrupción pra eles é xa algo xenético, pero dos demócratas de novo cuño era de agardar algo mais. O noxo á política, debe focalizarse nesa forma de facer política, a rexeneración democrática, non solo é posible, se non que é necesaria
0 comentarios