Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DIA DA PATRIA GALEGA

DIA DA PATRIA GALEGA

 

Pasaron moitos anos dende a data que hoxe se conmemora, o ignominioso asasinato de Alexandre Bóveda, pero aínda hai moitas familias que descoñecen o lugar onde repousa os restos dos asasinados polos franquistas. A Lei da Memoria histórica intentaba ser un instrumento de axuda pra ata-los restos do asasinados, darlles unha sepultura decente e pechar unha páxina da nosa tráxica historia. Pero a ministra do PP, filla do organizador dos últimos fusilamentos do franquismo, firmou  o decreto de eliminación do orzamento memoria histórica. O Goberno de Mariano Rajoy a través da súa ministra da Presidencia, Soraya Saenz de Santamaría, eliminou a partida do presuposto destinada á memoria histórica do proxecto de Presupostos Xerais do Estado (PGE) presentado  no Congreso. Nas contas públicas do ano pasado esa dotación xa se reducira case un 60%. O pasado 27 de setembro. Coma se fora unha conmemoración, xa ese mesmo día, do ano 1975, foron fusilados, tras un Consello de Guerra, cinco militantes antifascistas. Tres eran da Fronte Revolucionario Antifascista e Patriota (FRAP): José Humberto Baena Alonso, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz, ningún superaba os 30 anos de idade. Os outros dous eran membros de ETA: Juan Paredes Manot "Txiki" (non era vasco de orixe, nacera en Extremadura), de 21 anos, e Anxo Otaegui, de 33. José Antonio Sáenz de Santamaría foi o xeneral da garda civil, que dirixiu os preparativos das execucións. Unha vez finalizado o seu "traballo" marchou á súa casa e alí faríalle cariñitos

0 comentarios