Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PROMETEMOS...MENTIMOS...

PROMETEMOS...MENTIMOS...  Cando o PP prometeu crear 3.500.000 de postos de traballo, o mellor quixo dicir que crearía seis millóns de parados, cando o PP  promulgou a reforma laboral dixo que era pra crear emprego, a realidade era pra precariza-lo emprego. A redución de salarios; o que chaman a redución de costes, estrangula o consume e funde a economía. Unicamente se salva,  e de iso se trata, favorece ás empresas que producen pro exterior; cando o hospede se morra, chupado por estes explotadores, levantaran o vo e irá pra outro país. Os beneficios  dos empresarios, neste periodo medraron cinco puntos, mentres a renda do traballo desminuiron tres puntos. Vsto así algúns frotanse as mans, sen ser conscientes que viven nunha burbulla e que o despertar  vai ser duro. As perdas das superficies comerciais están baixando alarmantemente e son un aviso do que pode vir. Así que ollo, a alarma está aí, o mesmo que está aí o informe do Tribunal de Contas, segundo o cal Zapatero, en cotra do afirmado polo pp, en 2010 cumpriu con largueza a previsión de déficit. Construír un país con mentiras lévanos ó precipicio. A única e incuestionable verdade e que o PP conduce o país a un tenebroso futuro. Tanto así que filtrou un periódico estranxeiro que o goberno español proxecta vender unha cuarta parte do patrimonio.  Mentres tanto mantendo os escandalosos privilexios económicos da airexa.

1 comentario

Rechurchaos -

Efectivamente, a este paso teremos que facer como nos tempos do innombrable que para saber do que acontecía no país tiñas que saír fora de España, porque a prensa estaba ben controlada pola censura do réxime. Aquí, ainda agora, a este goberno fachoso e mafioso non lle faltan altofalantes que non se cansan de pregonar a quen os queira oír unha realidad de debuxos animados ben distinta do que pasa na rúa: miseria e paro.