GRAN ÉXITO
Pro goberno é un gran éxito que en agosto baixara o paro. Non importa que sexa verán, nin que a cifra de desempregados baixe solo en 31 persoas. A Alegría do executivo por este ridículo éxito, evidencia a extrema necesidade que teñen de algún dato que non sexa tan negativo; nembargantes a afiliciación a SS descendeu en 99.069 persoas. De Guindos calificou os datos de moi esperanzadores. Non acerto a comprender como se lles pode incha-lo peito con 31 desempregados menos nun océano de paro, adornado cunha baixada tan alarmante da SS. Pra mais non se sabe si esa cifra de 31 se debe a persoas que non figuran na lista do paro, ben porque emigraron, se xubilaron, ou se aburriron de buscar emprego. Unha cousa si é certa a precariedade laboral incrementouse. Os fantásticos datos do emprego solo existen na cabeza dos peperros mais descerebrados e nas de un goberno desnortado, que os utiliza como cortina de fume pra agochar os escándalos que o acosan.
1 comentario
Sartalo -