Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PERIGOSO DELICUENTE

PERIGOSO DELICUENTE   A solidarizade de anónimos cidadán permitirá a recuperación dos restos de  José Vals Casanova, fusilado o 2 de setembro de 1938. Un cidadán que foi fusilado polo polas topas franquistas, nun pobo de Valencia, reo do perigoso delito de ser demócrata,  Unha virtude que os golpistas do 36 converteron en delito.  Pra demostrar que dentro do PP non todos son cavernícolas , o alcalde da localidade, do PP, apoia o feito. O fin, os seus restos descansaran ó lado dos de súa mai, e non como se fora un can, igual que acontece con moitos españois, asasinados polos fascistas. A solidaridade cidadán e a colaboración dun alcalde d PP, fai deste asunto unha noticia. DE. Isto ten toda a actualidade despois das declaracións de Hernando,  voceiro do PP; que por certo non terían maior importancia si non fora polo cargo que ocupa dentro do PP.  Os seus argumentos son a repetición dos usados polo franquismo, intentando votarlle toda a culpa dos mortos á república; un goberno lexítimo, que se viu obrigado a ir a unha guerra pra defenderse dunha rebelión protagonizada por militares felóns, pero incitada pola airexa e os civís de extrema dereita. Os case un millón de mortos hai que contabilizalos entre os producidos na guerra e os fusilados na posguerra. Foi o conflito mais sanguento da historia mundial, tratábase de exterminar a oposición e os franquistas levárona a cabo con rigor. Os alcaldes obrigábaselles, o que moitos facían con gusto, a facer listas de civís pra fusilar, que en casos eran transportados ó campo de batalla pra simular que morreran en combate. Non debemos , nin podemos esquece.los feitos, nin terxiversación  da historia, por que do contrario estaremos condenados a repetila. O que lle acontece o sr Hernando e outros peperros, non é amnesia, nin ignorancia, é froito dunha transición que non foi tal. Aquí non se depuraron responsabilidades e os criminais do pasado e os seus herdeiros, seguen entre nós, e neste momento, moitos deles en cargos de responsabilidade política. A banalización e proliferación de xestos fascistas co beneplácito do goberno motivou unha advertencia ó goberno español, con apercibimento de sanción. É condición esencial ser un país democrático pra ser membro de UE. España podía, incluso, ser expulsada. 

0 comentarios