BATENDO RECORDS
Rajoy incrementou a débeda pública batendo records históricos. Hai que remontarnos nada menos que 105 pra atopar un incremento semellante da débeda pública; e iso que aínda lle queda a Rajoy unha parte importante da lexislatura. O endebedamento é unha suba de impostos diferida, que terán que pagar as xeracións futuras. É como si se quixera asegurar de arruina-lo futuro dos españois. Pra mais nada fixo, ni está a facer de inversións. O conto de que se empeñou pra paga-las débedas de Zapatero, podía colar o primeiro ano, pero o endebedamento medra ano a ano.O mesmo sistema sigue Feijoo na Xunta, Este sistema é un sistema peperro, que ecubre unha suba de impostos, do que parece non se enteran os electores. Os orzamentos de estruturas, di a ministra que son os terceiros mais grandes do estado. Son uns orzamentos de carón pedra; solo un decorado. Nacen pra non ser gastados, como os do ano pasado; dese xeito, con ese mesmo obxecto, podían ser o triplo pra que andarse con menudeces.
0 comentarios