SOCIALISMO DIRIXIDO
A subida de Felipe González ó poder veu precida dun desmoronamento de UCD. Aquel atípico partido, que sostiña o goberno, houbera podido seguir. Os intereses unen mais que as ideas, e a UCD podería seguir. Pero no país bulía un desexo de xiro a esquerda que trouxera un renovado aire á podrida democracia. A democracia de España era unha democracia tutelada polos poderes fácticos, pero tamén era unha democracia vixiada dende o exterior. A CIA mantiña unha lupa sobre España e, en defensa dos intereses yankis, propicio un cambio de goberno, que acelerase un posible avance das esquerdas coa chegada dos socialistas ó poder. Pra CIA era necesario encauza-los desexos de cambio, utilizando un socialismo domesticado, que sería pilotado por alguén que non tiña reparos non tiña reparos en canta-lo cara el sol, ou a internacional socialista. Atoparon en Felipe González o personaxe idóneo. Pra que todo fora ben pros intereses americanos nada mellor que un ascenso das mediocridades e unha florecente corrupción. Felipe González, un mito que é preciso examinar, non solo foi o mellor e mais valioso defensor dos intereses americanos, que empezou coa permanencia na OTAN; tamén defendeu os intereses das grandes empresas e grupos económicos, o que lle valeu unha cadeira nalgúns Consellos de Administración, tamén asesora, colaborando coa CIA, a personaxes tan curiosos como a Capriles. Examinando o período de mandato de Felipe González, atoparíamos moitas claves do socialismo español actual
0 comentarios