Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MEXAR E NON VOTAR GOTA

MEXAR E NON VOTAR GOTA

 

 

Aínda que parecía unha tarefa imposible, a  alcaldesa de Madrid supérase. Felicitase polo remate da folga da limpeza, eu tamén.  A  Botella atribúe o éxito do remate da folga á reforma laboral do PP e non á presión dos sindicatos. A alcaldesa Botella, que pese ós 162 asesores é unha incompetente, soltou as burradas pra un electorado do PP. Non importa que diga tontadas, é o que o electorado entende. Pra algún electorado non se precisa unha especial intelixencia; chega unha serie de frases romas, un discurso plano, cheo de palabras comúns, metidas nunha batidora e lanzadas con altofalantes. Non alcanzo a saber si o de esta muller é digno de estudo, ou o son os habitantes de Madrid, dende logo a alcaldesa é corta de intelixencia, e como tal ousada e carente do sentido do ridículo. Debe de estar feita dun material extraterrestre.   Non pode haber paz sen xustiza social

0 comentarios