Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O PRIMEIRO

O PRIMEIRO

 

 

A Airexa como institución  non lle preocupa o paro, a explotación laboral, a exclusión social, as preferentes os desafiuzamentos, as estafas dos políticos, a alimentación da infancia. O que lle importa sobre tódalas cousa é o sexo. Si,  o sexo; si é sexo duro mellor.  Condenan o aborto, pero negan o pan e a educación ós nenos e miran pra outro lado nos abusos sexuais, condenan o matrimonio gai, pero as relacións gais que hai entre muros cúbrenas cun mato de silencio. Os delitos económicos, os delitos sociais, parece que non merecen un minuto do seu tempo. A apropiación de bens materiais, a través dos privilexios notariais e rexistrais, non os ven en conflito coa fe. A superfinanciación da Institución e tódolos seu negocios, mentres los recortes e a pobreza é moeda corrente, tampouco a ven como conflito coa fe. Resumindo a fe é un conxunto de regras pra manter uns privilexios e xustificar us estatus con promesas de recompensa no alén

 

0 comentarios