A PANDA DOS EX
Ana Botella, a mellor alcaldesa de un Madrid irredento, apoiada por unha longa lista de preas, que cobran unhas proletarias e soculentas retribucións como asesores da Botella. Botella dixo co seu marido foi o mellor presidente de Españistán, pola súa parte o neno das greñas dixo que tivera o mellor equipo; se señor. Un condenado, dous imputados e seis nos papeis de Bárcenas. Entre xenocidas, corruptos, estafadores e malos xestores, se señor, un bo equipo. Cospedal achegou o seu punto de vista: Aznar foi un bo presidente, pero o mellor é Rajoy. Naturalmente estes panexíricos hai que tomalos coa cencia que se lles supoñen as dúas señoras. Pouco se pode engadir á biografía dun personaxe arrogante engreido como Aznar. Este instriónico personaxe entrou na politica, como fan a maioria dos que entran nela; para enriquecerse, e logo entrar nalgún cosello de administracion de algunha gran compañia a que eles beneficiaron estando no goberno. As persoas da pé nunca lle preocupamos. E nós, parvos, dámoslles o beneplacito do noso voto para que eles mangoneen
0 comentarios