PODREN A AT
Os peperros podre todo o que tocan, é xente con unha grave doenza que contaxia a súa enfermidade a toda a sociedade. A Axencia Tributaria necesita, pra ser operativa, unha independenza politica, guiada pola profesionalidade do seu persoal, cousa que veu ocorrendo, aínda que con matices, no réxime de Franco. O acoso político a tódolos que pretenden seguir coa indispensable profesionalidade o seu traballo, está convertendo a Axencia nun lugar irrespirable, e a desmoralización do persoal que se ve desautorizado e o seu traballo no lixo, cando toca a un protexido do PP. Facenda somos todos, ese era o lema. Agora resulta que os furados de evasión fiscal ademais des ser cada vez mais amplos, suman areas de impunidade que o goberno crea pros seus amigos. O acoso profesional e o ceses está a orde do día. O cesa dunha inspectora e conmoción na area de grandes contribuíntes, non deixa de ser solo unha mostra de como están as cousas. A empresa CEMEX parece que simulaba perdas pra non paga-los impostos, a inspectora que se atreveu a descubri-lo fraude foi cesada por Montoro, ese ridículo personaxe que funde a xestión fiscal, pero a cousa é mais fonda cando se ten a certeza dun fraude xeneralizado e consentido. Aquí o que paga impostos é parvo, así n os v ai
0 comentarios