Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A RECONQUISTA DO IMPERIO

A RECONQUISTA DO IMPERIO

 

 

Cando a finais do século XIX nos expulsou, pola forza, de Cuba os EEUU, logo de fracasar no seu intento de mercarnos a Illa, nade podía imaxinar que no século XXI o prestixioso político, presidente da ignorada Galiza,  intentara recuperar a Perla do Caribe e devolver o orgullo imperial a España. A visita a Cuba do Presidente da Autonomía Galega é algo mais prosaica e rodeada de escurantismo. Nada se sabe con certeza do viaxe do Presidente e dos seus actos na illa. Con retranca fálase da venda de iogures, feitos con leite francesa e portuguesa, que afunden as explotacións agrarias galegas, pero que o Presidente galego iso non lle importa, a súa mira é mais alta, o seu é afundi-lo que toca. O equipo informativo do Presidente non permite que se filtre ningunha noticia que empane a súa viaxe; necesita de unha imaxe de estadista con logros económicos, logo dos fiascos da política doméstica. Cuba non está pra grandes empresas, polo que a viaxe ten un forte contido folclórico. A austeridade de Feijoo queda patente nese voo, cheo de xente do PP e simpatizantes, que se fan de balde un viaxe turístico

0 comentarios