NON ENTENDEN
En Europa non entenden a Lei española de seguridade. Eles superaron o fascismo e viven nunhas democracias reais, que marcan o vieiro da convivencia democrática, pola contra, en España vivimos nunha aparencia de democracia; un verniz que o franquismo deu ás Institucións pra que Europa nos aceptara no seu club . en Europa os principios ideolóxicos nos que se basea esa lei que pretende impoñer o Goberno do PP, foron xulgados e condenados en Nuremberg. Aquí pola contra gañaron a guerra os fascistas, e tamén a Transición. Iso é o que realmente non alcanzan a entender en Europa. Non entenden como é posible que en España siga vivo o franquismo e siga gobernando.
0 comentarios