PINOCHO FEIJOO
Qué clase de feitizos utiliza Feijoo pra que lle crean a súas mentiras. Cóntase cos dedos dunha man, e aínda sobra dedos, en que Feijoo ten dito unha verdade. Sempre promete algo, a veces ata intenta cumpri-lo que promete, pero como promete fantasías, cousas que, de cumprise, serían boas, pero que non están dentro dos parámetros dunha realidade. Pode ser esa fantasía a que fai os proxectos de Feijoo mais atractivos pero a esperanza ensínanos que os soños saen carísimos e lévannos a un amargo despertar. O soño megalónomo da Cidade da Cultura, que aínda que non foi un proxecto orixinal de Feijoo, foi copartícipe da da realización do proxecto, leva enterrados 400 millos de euros e aínda falta outra tanta obra, que co incremento de custos, pode precisar 650 millóns de euros, o que hai que engadir uns gastos anuais de mantemento de 11 millóns de euros. Os hospitais comarcais, concibidos como fundacións, e que foron un rotundo fracaso. A multidude de parques industriais, que traerían 1000 empresas e mais de 10.000 postos de traballo, que conseguiron que se instalaran 19 empresas, ningunha de nova creación, e que hoxe son fantasmas en ruinas. etc
0 comentarios