UN AGASALLO
A venda de NGB, fi un agasallo navideño, está rodeada de sospeitas, malia ser a opción, aparentemente, menos mala. O que mais contribúe a crear unha néboa sospeitosa é que o FROB cambiara as regras da adxudicación xusto antes de adxudica-la poxa, ademais de mentir sobre o valor da venda. Non é certo que Banesco se adxudicara a poxa en 1003 millóns de euros. De momento pagará 400 millóns, o resto adíase en anualidades ata o 1.018. estes prazos cubriraos con creces cos beneficios de explotación. O FROB xa lle prometeu 200 millóns mais, o cal pode deixa-la operación en 200 millóns, unha ganga. Galiza por 200 millóns de euros, a metade do que leva enterrado na cidade da cultura, houbera tido un banco público. O culpable principal os peperros de Madrid, que contaron co silencio cómplice de Feijoo. Banesco non ten moita experiencia bancaria. O grupo solo conta con 30 de vida. Ligado á oposición venezolana, e que poderá ser un inestimable apoio pro PPg por afinidade ideolóxica, o cal pode ser a clave da operación. Total 8.800 millóns de euros tirados ó lixo, pero que doen pouco cando non son dun
0 comentarios