UNHA SUBA QUE ASUSTA
A pretendida suba da luz asustou ós consumidores; tamén o goberno se asustou e inventou o da Comisión pra parala momentaneamente, pero volverá. O máis sangrante é que o último capítulo deste atraco á cidadanía se producise só dous días despois de que o Partido Popular empregase o seu rolo no Congreso para impedir a tramitación da proposta lexislativa da Esquerda Plural, con medidas para previr a pobreza enerxética, entre as que se propoñía prohibir ás eléctricas cortar durante o inverno a subministración de luz ás familias que non poden pagar por problemas económicos. Pra negar luz no inverno ós catro millóns de españois que nestes intres están na miseria, o voceiro do PP, Mario Flores, dixo: o Goberno está a facer verdadeiros esforzos en implementar medidas sociais para garantir a sostibilidade do Estado do bienestar; esforzos entre os que incluíu a Reforma Laboral que reduciu os salarios e abaratou o despedimento, e trouxo a pobreza. É obsceno o xeito con que lle dan a volta ás cousas, a cara dura con que o fan. "Poden estar tranquilos, porque a preocupación e sensibilidade do Goberno pra buscar solucións a calquera problema de carácter social é máis que patente", dicía. Indignante
0 comentarios