Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA PANDILLA

UNHA PANDILLA

 

 O das eléctricas son  unha cuestión da máxima seriedade. Impiden que ningún goberno nos saque da crise A privatización criminosa que se fixo  do sector, entregando as empresas a prezo de saldo a unha pandilla , que manexa o mercado o seu antollo, empregando a un montón de expolíticos, que  non abren  a boca, nos consellos de administración pra asegurarse  unha vía libre pras súas facaltruadas Con poxa, ou sen poxa, seremos violados e sacrificazos na ARA da avaricia das eléctricas. Diso xa se encargando os nosos políticos e a panda de desvergonzados das empresas de enerxía que lles pagan e contratan unha vez rematou a súa vida política. O oligopolio que se montaron é inmoral, como inmoral é que os políticos de tódolos pelaxes  gobernasen en favor das devanditas empresas de enerxía. Tendo un dos salarios mais baixo, solo lixeiramente por riba de Portugal e Grecia, temos a electricidade mais cara de Europa. As eléctricas lograron, de facto, que o goberno prohiba as renovables, podendo entrar un inspector do Ministerio de Industria nun domicilio particular, sen mandamento xudicial, en busca de paneis solares. Urxe a nacionalización das empresas enerxéticas, o encarcelamento dos responsables do roubo continuado e os seu complices.                                                                        

0 comentarios