Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA ATENTADO

UNHA ATENTADO

 

Difícil é saber si  a Ministra de Traballo non entende mais, ou se a reforma laboral solo ten por obxecto, malia o que  di  a propaganda, contentar á patronal. Xa se veu que emprego non crea. Como di Anguita, a maioría dos recortes do goberno Rajoy vulneran a Constitución. Así o entenden algúns xuíces, e como exemplo está a titular do Xulgado do Social 2 de Barcelona, María Luisa Sanz, concluíu que a reforma laboral emprendida polo Goberno do PP en febreiro 2012 vulnera a Carta Social Europea de 1961, segundo considera nunha sentenza do 19 de novembro. En concreto, a xuíz chegou á conclusión de que o contrato indefinido de apoio a emprendedores posto en marcha coa reforma laboral contradí a Carta "pois non fixa nin prazo de preaviso nin indemnización por finalización do contrato durante o período de proba dun ano". Pola contra, Botella cre que a reforma laboral trouxo... o "maior progreso da historia da Humanidade"!, pra súa parroquia, claro. Os supostos Miragres de creación de emprego que supostamente manexa o goberno con ríspeto ó mes de decembro, son desalentadores, tanto polo número en si como pola manipulación que fan deles. Non se menciona a baixa a SS, a emigración, nin a natureza dos contratos.

0 comentarios