UN FAISAN
Está mal votar esgarros pro ceo, porque, ademais de ser unha cochinada, pode caerche na cara. Iso é o que lle pasou o PP coa operación policial montada contra ETA. Que se informara media hora antes de iniciarse a operación do desenrolo da mesma, semella subrealista, e estaría na liña de colaboración con banda armada, non xa na revelación de secretos. O Ministro tería que infrinxirse un terrible autocastigo. Pode que todo sexa menos casual, que sexa unha estratexa peperra pra manter viva a imaxe dun inimigo, necesario pra xustificar a súa política de cara as masas e os seus acólitos. Ó fin de contas o Ministro do Interior, aínda que bocazas, é especialista en manipulación; dese xeito poden falar da destrución de probas, aínda que non as tiveran e segir mantendo vivo un espantallo contra o que loitar, como antes, nos tempos de Franco, foi o comunismo, e logo buscaron outros pra encelar e aborrega-las masas.
0 comentarios