SEN MATERIAL NOS HOSPITAIS
Os hospitais da Xunta e varios Centros de Saúde dependentes do SERGAS escasea o material: agullas, cueiros, reactivos, medicamentos, etc. As farmacias están desabastecidas, e os medicamentos escasean. O centro de fornecemento de Negreira é de xestión privada, e o deficiente funcionamento pódese deber a inoperanza do mesmo, ou a un intres da Xunta en deteriora-la sanidade pra privatizala. O mais seguro é que ós dous. O Hospital da Costa é o paradigma da caótica xestión, alí falta case de todo; pero unha das prazas de capelán que quedou vacante por xubilación do titular foi cuberta de inmediato. O SERGAS paga ós capeláns. As baixas do persoal sanitario e auxiliar, tanto de hospitais como Centros de Saúde, so se cobren nun 10%
0 comentarios