Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CONCORDATO EXPRES

CONCORDATO EXPRES

 

 

Xurde cilicamente a promesa de reforma-lo   concordato. Debe ser unha de esas promesas que nunca se pensan cumprir. Tempo houbo e oportunidade tamén, pero nada se toca. A airexa é demasiado poderosa pra tela de inimiga, i é verdadeira inimiga si se intente recorta-los privilexios. Incluso neste intre de crise, os seus privilexios, lonxe de sufrir recortes medaron. Apenas seis días despois da entrada en vigor da actual Constitución Española, naquel reformista ano de 1976, foi aprobado o concordato. ¿Cómo logrou pecharse tan rapidamente un acordo? Porque, despois da morte de Franco, a Asociación Católica Nacional de Propagandistas, que tiña unha clara penetración en numerosos políticos da UCD e de Alianza Popular, e mesmo dalgúns partidos nacionalistas periféricos, puxéronse mans á obra ó pouco de morrer o ditador Franco. Aínda que a Constitución di que España é un estado aconfesional, con liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto, na realidade nunca houbo un laicismo claro, sempre houbo unha presenza omnímoda da Igrexa Católica. 

0 comentarios