Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CONSETIMOS Á CORRUPCIÓN

CONSETIMOS Á CORRUPCIÓN

Por menos houbo revolucións; estase a tensa-la convivencia de tal xeito, que ningunha cousa é imposible. O caso de España é un dos mais, quizá un dos peores, pero por todo o globo se estende un ultraliberalismo, que nega o pan ós mais, pra concentra-los privilexios nuns poucos. Un país, como o noso, inmerso nun estado de putrefacción xeneralizado, devorado ata os ósos polos vermes da corrupción, Un estado de descomposición que rebordou todos os límites imaxinables, ata salpicar coa súa pestilencia a todos os partidos políticos de forma irreparable. E non obstante, a pesar de facerse públicos de forma continuada todos estes escándalos de corrupción política, os españois seguen votando maioritariamente ós mesmos partidos. Aí está o alucinante caso da Comunidade Valenciana, a rexión máis representativa do saqueo desvergonzado perpetrado polo Partido Popular e onde, a pesar de todo, este partido de auténticos foraxidos e bandoleiros segue gañando as eleccións con maioría absoluta

0 comentarios