Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MOMENTOS PERIGOSOS

 

 

Tanto o PP como  O PSOE están asolagados por casos de corrupción. Agora xa non lles chega con intimida-los xuíces que investigan casos de corrupción e en dificulta-la labor do instrutor, facendo que o proceso se líe e se alargue no tempo. Precisan que os votantes vexan a corrupción como algo que afecta a tódolos políticos, sexa do partido que sexa. Á táctica de espalla-la merda é perigosa, porque nade vai crer na democracia. Certo que a maioría do PP ten unhas fondas raíces franquistas, e que si aceptan a democracia é como un mal menor, non porque sexan demócratas. Cáusame mais perplexidade o caso do PSOE; cecais se deba a que m oitos que se chaman socialistas ven a política con o un xeito de vida, non como unha ideoloxía. Queren implicar a outros políticos de distintas formacións, como unha nova táctica de despiste, pero que poden facer moito dano; por iso ollo; son tempos complicados.

.

0 comentarios