Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O FISCAL VE IRRELEVANTE

 

O Fiscal ve irrelevante a carreira xudicial de Garzón pra concederlle o indulto. Hai que pensar que un kamikace, un condutor ebrio e culpable, un condenado por corrupción, si son do PP, si teñen méritos pro indulto, e aínda pra colocalos de asesores; pero Garzón, pecador como o que mais, cometeu o garrafal erro de intentar dar xustiza os derrotados polo franquismo. Os herdeiros do réxime non permiten ningún reparo das crueldades cometidas polos seus ancestros. Pra eles, en posesión da verdade, non houbo crimes, foi unha cruzada contra o comunismo, que a humanidade lles ten que agradecer. O primeiro problema é o concepto de comunismo que tiñan e teñen, pra eles calquera demócrata é un comunista, con rabo e cornos. En canto á corrupción campa, o que hai sobre a terra é deles, e ninguén debe dubidar delo 

 

0 comentarios