A POLO GALEGO
Non e nada novo falar dunha onda de voracidade do capital, que provoca numerosos protestas dos prexudicados. Os medios de represión aumentan na mesma proporción que as inxuticias sociais. Parella a esa represión contra as crases oprimidas, estase levando a cabo na España do posfranquismo unha persecución contra de pobos febles e empobrecidos, abusando dunha escas conciencia de país. As incomprensibles represións contra seareiros do fútbol, polo simple feito de portala bandeira galega, pasando por unha irracional reacción contra calquera grupo que porte algún símbolo galego ata esas esperpénticas declaracións da policía falando da participación dun grupo de 260 manifestantes, que vencella á RESISTENCIA GALEGA, na manifestación da dignidade, evidencian unha táctica do goberno en criminaliza-lo mais mínimo atisvo de conciencia de país. Queren facer de nos un país acéfalo, servil e sumiso.
0 comentarios