Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

HAI QUE DEVOLVER

HAI QUE DEVOLVER

 

As eléctricas van a devolver 300 millóns de euros, cantidade que segundo o goberno cobraron demais. Fontes independentes, estiman que a devolución debía ser superior ós 4.000 millóns de euros. Esa parece se-la cifra que lle roubaron ós consumidores. Pero o Goberno, sexa por conivencia, ou acolloamento, pasa por esa cantidade, a mais a  colocación de catro importantes peperos nos consellos de administración das eléctricas, debe ser un argumento de peso, pra que o goberno de o Vº e P. Mentres os estafadores debían estar na cadea, sábese do corte d luz a 600.000 familias; a algunhas restablecéronlles o servizo, pero a falla de diñeiro impediralles acende-la calefacción, por culpa dunhas enerxías mais caras de Europa, nun país cos salarios m ais baixos

0 comentarios