¿TERAN UN ACORDO?
Feijoo incha o peito e sae con que os galegos apoiaron abrumadoramente as súas. É certo que ampliou a súa maioría absoluta; pero non é menos certo que perdeu douscentos mil votos. Atrapado nas súas mentiras, daba por perdida a maioría absoluta; pero entón apareceu, en forma de neno Xesús, Beiras. O milagre Beiras dividiu a oposición e subiu ó carro a Esquerda Unida,. Así Feijoo acadou unha sorprendente maioría. ANOVA, que é un proxecto personalísimo de Beiras, non ten unha ideoloxía definida, é o cabalo troiano de EU, ou un proxecto do propio PP; pois mentres ANOVA exista, o PP non vai ter problemas. O mellor ambas cousas. A política fai estraños compañeiros de cama
0 comentarios