Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

POÑENDO A VENDA

POÑENDO A VENDA

 

 

 A VOZ DE GALICIA, teme unha devale do PPg e xa pon a venda, defendendo e ensalzando a labor  do goberno de Feijoo. Despois de se-lo medio de comunicación que recibiu o 70% das axudas da Xunta; en total recibiu uns 45 millóns de euros do goberno Feijoo, é normal a súa inquedanza polo resultado incerto dunhas eleccións, que de entrada, xa minimizan  o papel de Galicia, cun solo Deputado probable.O cuñadísimo de RAJOY. Sería bo que nos mitins do PPg explicaran a representación que vai ter Galicia  entre os eurodiputados, e sobretodo cal é o compromiso con Galicia dos que resulten elixidos. Non hai que esquecer que o cuñadísimo non se distinguiu,  en períodos anteriores , por intervencións en favor de Galicia, polo que é igual que vaia, ou non. Os votos ó PPg, pois, serán votos perdidos   

0 comentarios