UN HOLDING
A familia PUYOL formaba un holding pra saquear Cataluña, todo elo coa complicidade do goberno central, que por medo, ou por intrés, protexeu a Puyol. Son miles de millóns, os que se supoñen agochados. Dixo que se o citan comparecerá diante da xustiza; !que remedio!
Banca Catalá está na orixe da evasión de capitais de Jordi Pujol. O "honorable" reapareceu en 2012 nun mítin de CiU para defenderse dende a tribuna dos informes da Brigada Anti Branqueo que o acusaban de evasión de capitais en Suíza e investimentos secretos en Mexico, Arxentina e Estados Unidos a través do banco privado Lombard Odier con sede en Xenebra (Suíza). Nada se sabía de Andorra, onde quen está acusado de evadir diñeiro é o seu fillo, Jordi Pujol Ferrusola, que foi denunciado pola policía ao transferir 55 millóns de euros a paraísos fiscais de medio mundo. A autoinculpación de Jordi Pujol pai parece querer "tapar" os delitos do seu fillo dando a coñecer, parte dos seus propios. E é que xa nunha ocasión cesou o seu socio, Andreu Abelló, histórico dirixente de ERC e tamén banqueiro, para satisfacer as peaxes do franquismo e poder abrir a súa primeira oficina de Banca Catalá en Madrid.
0 comentarios