O QUE NOS AGOCHAN
O diario El País decidiu non publicar, na súa edición en papel, a súa habitual sondaxe electoral, realizada por Metroscopia, este mes de xuño. A razón? PODEMOS é xa a forza cunha maior intención de voto declarado, así como a que máis marxe de crecemento ten. Ademais, segundo estimacións realizadas, superaría o PSOE en voto, e a suma de PODEMOS+IU sería xa a primeira forza electoral, superando mesmo o PP. Enténdense agora mellor os ataques do PP, El País e El Mundo a PODEMOS, verdade? O misterio da sondaxe desaparecida de Metroscopia. Esta empresa sonda mensualmente para o barómetro do País non obstante a sondaxe de xuño non apareceu, por que? Unha publicación que esconderon no País tanto como puideron rebela que si se estimacións de voto e esconder os resultados por ser demasiado "sorprendentes". Ao igual que no do GESOP, Metroscopia daba a PODEMOS a primeira posición en intención de voto decidida. Non só iso senón que tamén era o partido menos "odiado", é dicir o que máis potencial de crecemento tiña. Mesmo a propia táboa que vos achego non está exenta de manipulación xa que poñen a PODEMOS os últimos cando son os que mellores resultados teñen.fixeron as preguntas pero que decidiron non publicar
0 comentarios