Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A CASA POLA VENTANA

 O goberno de Feijoo organiza unha mostra en Santiago que lle costa un  millón de euros. Non hai cartos pra dependencia, pero si pra saraos. A  comisaria da mostra, embolsarase  uns 90.000 euros por varios conceptos.  Fora despedida por Manuel Fraga, quen consideraba a Gloria Moure unha xestora cultural con certa tendencia á dilapidación., agora con Feijoo volve polos seus fueros. A exposición On the road, organizada por Turismo de Galicia en Santiago de Compostela, levou a Xunta a gastar máis dun millón de euros, con Gloria Moure de comisaria, tarefa pola que se lle asignaron uns 90.000 euros por diversos conceptos, segundo soubo a edición galega de MUNDIARIO. Chove sobre mollado. A Gloria Moure despedíraa o Goberno de Manuel Fraga del Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) por apreciar na súa xestión certa tendencia á dilapidación. Parte dos seus ingresos, Gloria Moure percibiraos mediante unha factura da súa empresa.  Vista esa paga de 90.000 euros, comprendese que Ana Mato se referira, despreciativamente “as paguiñas”, de axuda dependencia que o PP vai suprimila e dar por un axuda de unha hora, do queles chaman profesional, por suposto contratada polo alcalde. O día ten 24 horas, a semana 7 días.  Moito tempo abandonados. Pra ter boas pagas, como esa de 90.000 euros hai que se da mafia. As outras son paguiñas de pobres. Esmolas. 

 

0 comentarios