Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

LECCION ESCOCESA

LECCION ESCOCESA

 

  Pouco, ou nada, ten de similitude o caso escocés con situacións nacionalistas en España, pero cada quen ve a lección no que lle interesa. A vitoria, no referendo escocés, dos partidarios de permanecer en Reino Unido leva aparellada a promesa de maior autonomía, pero nas filas conservadoras xa  xurdiron voces de desacordo. En realidade non hai mellora autonómica, porque Escocia non ten autonomía, solo un parlamento decorativo sen competencias reais. Cámeron, que non acto de soberbia e desprezo o pobo escocés, alentou un referendum que daba por gañado, NADE CONVOCA UN REFERENDUM PRA PERDELO, e que se non é polo defenestrado Gordon Brown, houbera perdido. A  dimisión do líder nacionalista Alex Salmond subraia a vitoria do non, tras un resultado que, de non se ter magnificado antes, sería notable. Tamén dá conta do esixente hábito de rendición de contas, clave nas democracias avanzadas, pero descoñecido en España, tamén constata as ansias de autonomía, que de concretarse, solo sería en sanidade, educación e servizos sociais.

 

0 comentarios