Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MERCANDO VONTADES

MERCANDO VONTADES

 

  A golpe de  comilonada, o PP pretende fideliza-lo voto dos vellos. No lugués concello de As Nogais, con `pouco mais de 700 habitantes, na súa maioría vellos, o alcalde do PP, fixo un convite a cargo do concello, é dicir, dos propios veciños, pra facer unha papancia. A xuntanza tivo moito éxito; éxito que o alcalde espera rentabilizar en votos. Esta práctica habitual do PP, xa a realizaran en concellos da Coruña, próximos á capital con nefasto resultado electoral pros alcaldes convocantes. Claro, non se poden equiparar con un pobo da alta montaña luguesa. Son prácticas denigrantes, que supoñen unha fame secular e unha miseria do presente, que vende a dignidade por un cacho de empanada

0 comentarios