Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

XA ESTÁ BEN

XA ESTÁ BEN

  

  Na presentación dos orzamentos do vindeiro ano, Montoro, con profusión de ocorrencias, pregoou as bondades dos orzamentos, que servirán, segundo el, pra consolida-la recuperación e a creación de emprego. Non sei si este home está mais por rirse dos cidadáns, ou é que é tan inútil, que vive nunha fantasía insultante e é incapaz de ve-la realidade.  Nunha España, onde o nivel de pobreza é escalofriante, onde segue a medra-lo paro, que incluso os que teñen emprego xa enchen as bolsas de pobreza, onde non se recupera o consumo interno, por falta de poder adquisitivo, no que medra o endebedamento do Estado, incluso, pra complicar mais as cousas, as exportacións comezan a resentirse. Cada vez son mais as familias con tódolos seus membros en paro, incluso dentro dos fogares privilexiados, eses que teñen traballo, son cada vez mais os que chegan con dificultades a fin de mes. Por contra o número de ricos medra, e o dos moi ricos multiplican a súa fortuna. España é campo de ensaio pra ver canto aguanta o pobo, pero chegará un día en que o mesmo pobo faga xustiza.

0 comentarios