QUEIXAS DE PAIS EN VIGO
Queixas de pais en Vigo por unha campaña de Galicia Bilingüe para publicitar un videoxogo. Pais de alumnos do instituto vigués do Castro expresaron onte o seu malestar pola repartición de publicidade de Galicia Bilingüe ás portas do centro. O panfleto entregado aos escolares difunde o videoxogo creado polo propio colectivo que se chama Trolas da normalización lingüística, que trata de adoutrinar en contra da lingua galega. Os panfletos foron distribiudos ós alumnos, á saída do colexio. Neles fálase de “trolas” da normalización lingüista. Esta malvada campaña en contra do galego está a cargo desa organización de terrorismo cultural, que conta coa financiación da Xunta. Algúns do seus membros están situados en postos importantes da Consellería de Educación, o cal acrecenta o seu perigo
0 comentarios