Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O CARREXO

 

 Nada asombra de Feijoo, nada asombra do PP. Feijoo ve normal que levara a votar ás velliñas do asilo, incluso loubou o acto, porque é unha cousa de comportamento ético, axudar a quen non pode andar. Vese cal é o concepto de ética pra este prócer. Por suposto ve normal o carretaxe electoral, e reproche nada, nin de arrepentimento.  Independentemente do resultado do pronunciamento xudicial, os encausados xa foran premiados polo PP. O carretaxe, os axentes electorais e cantas cousas, contribúan a enche-las furnas de gaivotas seguiran formando parte da paisaxe electoral, independentemente da súa legalidade. Porque non hai dúbida que  a utilización de persoas cuxas facultades intelectivas e volitivas estaban afectadas» por padecer algúns deses anciáns alzhéimer e demencia senil non é ético, nin legal i é un acto noxento.

 

0 comentarios