Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DESPEDIDO

DESPEDIDO

 

 

  A foto de Rajoy nun barco relacionado co narcotrafico, paseado polas rías, costáralle o posto o director de Xornal de Galicia, que fora o que descubrira o asunto. O mesmo Rajoy, cun gran cabreo, segundo Galicia Confidencial, indicoulle ó propietario do periódico que a noticia podería condicionar as adxudicacións de obras á empresa Sa José. Resultado: o director cesado fulminantemente, coa formula de “mutuo acordo” e as rúas empapeladas, pero que Rajoy se relacionara con narcos solo tivo consecuencias pro xornalista que fixo o seu traballo. Estas condutas están tipificadas no Código Penal. Nada se moveu. O que non convén que se saiba tápase. E tampouco o público é demasiado esixente coa moralidade dos políticos.  

0 comentarios