Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TERCEIRO ANO TRIUFAL

TERCEIRO ANO TRIUFAL

 

  No discurso de Nadal de Rajoy  centrouse en logros que solo el ve. Foi un insulto ós doce millóns de pobres que creou, os  desempregados, os que malviven cun traballo en precario ou mal pagado, os pensionistas, os doentes, etc. 1912 foi o ano dos axustes, 1913 das reformas e 1915 do despegue económico, que supoño será  dende o aeroporto de Castellón onde despegaremos                                                                                         

Menos emprego que cando chegou ó poder

Caída da poboación activa

O emprego creado é de peor calidade, incluso hai empregados no umbro da pobreza

Mais desigualdade social, xa somos segundos

Menos protección social

Mais pobreza, doce millóns de pobres, que pronto serán 24

A economía vai tan ben que este nadal sacaron 8.000 de euros da ucha das pensións que deixou Zapatero pra facer fronte o pago.

A Economía vai tan ben que o salario mínimo subiu un 0,05%

A economía vai ta ben que soben as pensións un  0,25%

A economía vai tan ben que recortan en sanidade, educación, prestacións de desemprego e dependencia

A economía vai tan ven que ós traballadores públicos seguen sen pagarlles a extra.

O PP, co seu discurso triunfalista,  irrita, ofende e menospreza a intelixencia, pero haberá amorais

0 comentarios