UN DISCURSO IRREAL
O presidente da Xunta pronunciou este mércores o+ xa tradicional mensaxe de fin de ano, e no conxunto das súas palabras a idea clave que podemos tirar é a do optimismo. Un optimismo desbordante ante o 2015, mesmo no referido á situación económica. Un discurso pra ignorantes, pra cegos que non queren ver, ou que non lles interesa ver. Esqueceuse do índice de pobreza, dos contratos en precario, da mingúa dos salarios, da conxelación de soldos públicos, en varios anos, de como os altos cargos e directores de empresas públicas se saltan calquera limitación dun xeito obsceno, da mocidade que ten que emigrar, do alto nivel de paro, que ano a ano está a medrar, da destrución industrial, de como está a afogar o sector agrario, das privatizacións, da dependencia. Pola corrupción, que é evidente de que lle preocupa pouco, paso sen darlle demasiada importancia, pasándonos a pelota. Presumir de dici-la verdade, a súa verdade, e tamén ocultou dicir o incremento da burocracia improdutiva, a débeda e o estado do galego.
0 comentarios