Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A BELLA EUROPA

 

 

  Nun futuro será un mal asunto ser europeo. Somos os mamporreiros de EEUU e do capital. O espírito europeo, o mesmo que a Europa está morrendo pouco a pouco. A estes achaques hai que unir unha crecente  presión do islam, que pouco a pouco nos vai impoñendo o seu xeito de vida. Vemos como se erguen  mezquitas, mentres que nos seus países non deixan construír airexas, e os europeos que viven neses países viven en  guetos. Deixémonos de milongas, non os vamos a buscar, se veñen a Europa, teñen que respeta-lo noso xeito de vivir  non impoñernos a súa relixión. Que en Europa non exista un común acordo pra establecer unhas normas de seguridade xa é penoso, e que os gobernos queiran aproveita-la oportunidade pra restrinxir liberdades.  Europa é unha leona vella desdentada, e a nosa debilidade revestida de tolerancia, vainos saír cara. Os imáns proclaman nas mezquitas contra do que entendemos por regras de conviencia 

0 comentarios