DELITO OU MALA XESTIÓN
A comisión de delitos na acción de goberno soe calificarse como mala xestión. Nembargantes hai situacións en que a mala xestión non chega dabondo pra encubrir unha acción delituosa. Así o entenden algúns avogados que interpuxeron querelas criminais por diversos episodios ocorridos nas urxencias dos hospitais. O amoreamento de doentes, as largas espera, a falla de un mínimo de intimidade e as lamentables infrahumáns en que teñen que agardar os doentes, está na orixe destas querelas.a situación da sanidade pública galega e tan grave que en calquera momento pode ocorrer algo irreparable. Segundo a Conselleira só é cuestión de confort. O Sergas perdeu mais de 2.000 profesionais os últimos tempos. Estase a privatizar servizos, cuns custos de xestión elevados e uns resultados de calidade pésimos, pero Feijoo, que algo ganará, segue na mesma política.A súa irmá parece que é unha conseguidora, mesmo nas listas de espera. O negocio da sanidade primaria medra como a escuma. Estes do PP acabaran co sistema público
0 comentarios