LEIS INXUSTAS
Aínda que non sexa politicamente correcto, hai que denunciar que a lei de Violencia de Xénero é inxusta e aberrante Condénase ós homes por ser homes, non por ser culpables. Non se pena, no mesmo plano, a violencia sobres os maiores, e escandalosamente ignora calquera tipo de violencia doméstica, que non teña por vítima a cónxuxe muller. O ano pasado morreron en España, asasinados polas súas cónxuxes, 30 homes fronte a 55 mulleres. A vida de calquera ser humano debe valer o mesmo, pero na lei non se ve así. Mais de dos terzos das mulleres asasinadas on denunciaran malos tratos, o cal evidencia que as verdadeiras vítimas non son as que denuncian, senón aquelas que pretenden ter unha vantaxe no combate doméstico. As leis inxustas xeran mais violencia. Un porcentaxe da poboación reclusa de España está formada por homes acusados de violencia doméstica, moitos acusados indebidamente. Cando nun matrimonio se aprecia violencia física, ou psicolóxica debe procederse á disolución do vínculo e a protexer, de habelos, as crianzas, ou os maiores. O demais debe adoptarse coa máxima cautela e sen dar vantaxes
0 comentarios