COMO UNHA ONG
Os disparates do goberno sempre son superados pola seguinte; a comparación dunha ONG co PP, non solo é aberrante é un insulto. Entérate Montoro e co sepamos todos:Cáritas reparte alimentos entre os pobres. O Partido Popular reparte sobresoldos entre os seus dirixentes.Máis da metade dos fondos de Cáritas proceden de particulares e empresas privadas. Máis do 90% do presuposto do PP sae do diñeiro público
A lista de empresas doadoras de Cáritas e a contabilidade desta ONG está publicada na súa páxina web. A contabilidade do PP e os seus doadores están a ser investigados na Audiencia Nacional.
Cáritas non recibe donativos sen xustificar nin pagou a súa sede con diñeiro negro. O PP, si.
As contas de Cáritas están fiscalizadas polos inspectores de Facenda. As do PP, polo Tribunal de Contas, que controla o propio PP.
O ministro de Facenda criticou duramente a Cáritas polos seus informes sobre pobreza infantil. O Ministerio de Facenda defendeu vergonzosamente o PP, a pesar de manexar diñeiro negro sen declarar
Cáritas nútrese de voluntarios, moitos dos cales non cobran polo seu traballo en plena crise. O presidente do PP subiuse o soldo un 27% en plena crise.
Ningún xerente de Cáritas ten contas en Suíza. Case todos os tesoureiros do PP foron procesados por corrupción.
0 comentarios