Pra Rajoy os resultados electorais poñen en perigo a recuperación económica e o emprego. Nade sabe de que recuperación económica fala, da doméstica dende logo que non. Dende a crise os ricos incrementáronse nun 40%, a crase media está acurralada, cada vez ten menos marxe, camiña coma unha especie en vía de extinción, e os pobres é o corrente. Nesta nebulosa de ficticia recuperación, Rajoy axita o medo e culpa a PODEMOS de prexudicar a recuperación. Nun alarmante e delirante discurso no Parlamento arremete contra do PSOE , ó que acusa de pactar con grupos extremistas, as ordes de Venezuela, pra modificar a vontade dos electores. Vese que a perda de poder os está volvendo loucos loucos e lles le a dicir disparates
0 comentarios