A sentenza do T S zanxa dun xeito definitivo a cuestión da reforma eólica de Feijoo, declarándoa ilegal, agora viran as indemnizacións que a Xunta terá que aboar ós prexudicados pola arbitraria decisión de Feijoo de anula-las adxudicacións do eólico. A Sentencia da orixe a millonarias adxudicacións ás que terá que facer fronte a Xunta. En boa lóxica, xa que o asunto ten orixe nunha das moitas arbitrariedades de Feijoo, debera ser Feijoo, o que do seu peto pagara as indemnizacións, pero o malo e que vai ser un goberno similar o que deu as adxudicacións o que pague as indemnizacións, porque Feijoo posiblemente non volva a gaña-las eleccións. Personaxes do estilo de Feijoo debía indemnizar a Galiza polos danos ocasionados dun xeito tan arbitrario
0 comentarios