NO SE CREA EMPREGO REPARTENSE HORAS DE TRABALLO
Á espera do que nos diga a EPA. Os datos do emprego do pasado mes dan unha diminución do paro: non é unha mala noticia pra un goberno que precisa alegrías, tampouco pros cidadáns, sobre de todo pros que viven a traxedia do paro; pero na casa do pobre as alegrías son poucas e sempre traen algo que as agrea. O número de cotizantes á seguridade social medra, pero a suma global do que cotizan baixa. Iso quere dicir que o emprego e de escasa calidade, ó que se suma a temporalidade dos contratos. Asínanse contratos por catro horas diarias, que marcan a cotización, esixíndolle o traballador 9 horas. Extínguense contratos fixos e de calidade pra sustituilos por contrato basura. Imos a creación dun mercado laboral da explotación indigna do ser humano
0 comentarios