Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN RESPETO

UN RESPETO

 

  Na loita de David contra Goliat, que sostén o goberno grego coa Troika, mófanse dos seus esforzos pola  defensa que fai  de Grecia, deséxanlle unha derrota nas furnas, pra escarmento dos demais europeos Xa puxeron en marcha toda  a maquinaria, dende o chantaxe, os medios de comunicación e as redes sociais Están humillando e chantaxeando dun xeito infame a Grecia. ATroika mantense inflexible, mentres solta, xunto cos EEUU, dólares a esgalla a Ucraína, un estado totalitario e golpista. Son de vergoña algúns comentarios feitos por descerebrados e lakaios da Troika.. Non se preocupan de saber por qué maxia a débeda proivada  se trocou en débeda pública. Solo un 10% do rescate chegou os  petos dos gregos, a maioría a bancos alemáns. Si o de Ucraína responde a cuestións xeopolíticas, Grecia pode estar nunha situación similar e EEUU xa llo fixo ver ´Comisión, non convén leva-la ó límite. O FMI xa recoñeceu que a débeda é impagable, e non se lle debe obrigar a un doente  seguir tomando a medicina que o está matando.   Europa é un club financeiro, esquecendo a parte social, non hai solaridade entre os socios. En QEEUU non se deixou caer California, e o problema era meirande,   A firmeza de Europa cun país pobre e pequeno quixerámola ver tamén cando se insolenta un grande. A  dignidade europea ofendida nos casos de espionaxe solo mereceu  carantoñas, espaventos, visaxes e un par de pucheritos. 

0 comentarios