Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS INMORTAIS

 O PSOE non ten a orixe en Suresne, foi unha creación da CIA pra eliminar o PS de TiernoGalván. O PSOE ten dous tipos de líderes: os baróns e os electos; aínda que poden coincidir, pode chegar un militante a Ministro, Presidente dunha CA, incluso Presidente do Goberno de  España e non ser barón, como o caso de ZP. Ser barón no PSOE require varios factores, o común a todos eles é envellecer mal. Os baróns do PSOE, os que mandan, son fantasmas do pasado que se resisten a desaparecer da escena e vagan pola casona de  Ferraz elexindo e eliminando candidatos. Pésalles mais a sombra que a materia. PS ameazou con facer un by-pass e acudir as bases, pero non lle vai resultar doado, por moitos militantes que haxa cheos dos baróns. Os baróns son sobrevivintes que devoraron a transición e os socialistas auténticos, están alimentados co sangue dos obreiros e os ilusos, e iso failles inmortais

 

0 comentarios