LEIS FLORERO
Os feitos demostran, unha vez mais, que en España as leis están pra incumprirse. O caso mais socorrido é o da Lei de Partidos Políticos, que debía aplicarse ó PP, ó entender que os casos de corrupción que lle afectan non son casos illados, senón que responden a unha forma de actuar organizada. Compromís ,que é o único que de momento se toma en serio a Lei de Partidos, pide a aplicación da Lei de Partidos e insta á Fiscalía a que tome as medidas cautelares que considere oportunas pra evitar que o PP siga delinquindo e poida obstruir a acción da Xustiza, algo que pode ocorrer como se demostrou co borrado dos discos duros dos ordenadores do seu extesorero Luís Bárcenas.
0 comentarios